BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.34.2//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-e25cfa90f04351958216f97e3efdabe9@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260416T193000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260416T210000
DTSTAMP:20260407T153327Z
CREATED:20260407
LAST-MODIFIED:20260407
PRIORITY:5
SEQUENCE:30
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Presentación das obras de Bruno Rúa sobre o patrimonio relixioso da Tamagania
DESCRIPTION:O vindeiro 16 de abril, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a presentación dos libros Igrexas e mosteiros e Capelas, ermidas e santuarios, dúas obras do autor Bruno Rúa que afondan no patrimonio relixioso e cultural da comarca da Tamagania. O acto está organizado pola Biblioteca Municipal de Verín.\nEstas publicacións nacen coa vontade de ofrecer unha visión completa e rigorosa dos distintos tipos de templos presentes na comarca, estruturando o traballo en dous volumes diferenciados que responden a enfoques e realidades distintas.\nPor unha banda, Igrexas e mosteiros recolle unha detallada descrición das igrexas da comarca, incorporando ademais un amplo estudo dos mosteiros, tanto daqueles dos que aínda se conservan restos como doutros que desapareceron co paso do tempo, pero dos que existe constancia histórica.\nPola outra, Capelas, ermidas e santuarios afonda nun tipo de construción relixiosa máis vinculada á devoción popular. Nestes espazos, moitas veces situados en contornas naturais e afastadas, conflúen tradicións pagás e cristiás, configurando lugares de especial simbolismo e identidade cultural. O autor recompila neste volume historias, lendas e descricións que permiten comprender a evolución e significado destes enclaves ao longo do tempo.\nA través destas dúas obras, Bruno Rúa ofrece unha completa panorámica do patrimonio relixioso da Tamagania, contribuíndo á súa divulgación e posta en valor.\nO acto estará aberto ao público ata completar aforo.\n
URL:https://www.verin.es/events/presentacion-das-obras-de-bruno-rua-sobre-o-patrimonio-relixioso-da-tamagania/
ORGANIZER;CN=Concello de Verín:MAILTO:
CATEGORIES:Cultura
LOCATION:Salón de Actos da Casa da Cultura
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/04/banner1.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
