BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.32.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-0b6ace9e8971cf36f1782aa982a708db@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260430T203000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260430T213000
DTSTAMP:20260429T183609Z
CREATED:20260429
LAST-MODIFIED:20260429
PRIORITY:5
SEQUENCE:31
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Presentación da obra “Artigos, contos e Maios”, de Bruno Rúa
DESCRIPTION:O Concello de Verín acollerá mañá xoves 30 de abril, ás 20:30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura, a presentación da obra “Artigos, contos e Maios”, do autor Bruno Rúa, unha publicación que recupera e pon en valor a figura de Enrique Gómez Pato, referente da cultura popular verinesa.\nA obra constitúe unha recompilación de textos que permiten achegarse ao legado dun autor profundamente vinculado á vida cotiá da vila, que fixo da palabra unha ferramenta de reflexión social e de conexión coa veciñanza. A través de artigos, coplas e pezas literarias, Gómez Pato destacou pola súa capacidade para interpretar a realidade desde unha perspectiva crítica, combinando humor, retranca e compromiso cívico.\nA publicación é froito dun intenso traballo de investigación e recompilación desenvolvido ao longo de máis de sete anos por parte do autor. Segundo explica Bruno Rúa, o proxecto xurdiu a partir do acceso a un arquivo documental facilitado no seu día polo verinés Plácido Romero (falecido no ano 2024), elaborado no marco do seu traballo audiovisual “Conversas e petiscos de pato” (presentado no ano 2019), no que se recollían materiais e imaxes vinculadas a Enrique Gómez Pato. A partir dese punto de partida, Rúa levou a cabo un labor exhaustivo de recollida e transcrición literal dos textos orixinais —entre artigos, contos e coplas—, respectando fielmente a súa forma e contido. O resultado son dous volumes de arredor de 375 páxinas cada un que reúnen, case na súa totalidade, a produción literaria do autor, sen intervención interpretativa, co obxectivo de devolver á veciñanza de Verín a voz directa dun dos seus referentes culturais.\nA publicación supón tamén unha reivindicación do papel da cultura popular e do xornalismo de proximidade como elementos clave na construción da identidade colectiva. A súa obra, en moitos casos transmitida de maneira oral ou en soportes efémeros, mantívose viva na memoria social de Verín, especialmente a través da tradición dos Maios, onde exerceu como un auténtico cronista da actualidade.\nA concelleira de Turismo Cultura e Festexos, Samanta Barreira, subliñou a importancia desta iniciativa editorial como unha «gran oportunidade para recuperar e difundir o patrimonio inmaterial da vila, así como para achegar ás novas xeracións a figura dun autor que fixo da literatura un instrumento de participación social.»\nO acto de presentación está aberto ao público ata completar aforo.\n
URL:https://www.verin.es/events/presentacion-da-obra-artigos-contos-e-maios-de-bruno-rua/
ORGANIZER;CN=Concello de Verín:MAILTO:
CATEGORIES:Cultura
LOCATION:Salón de Actos da Casa da Cultura
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/04/nova29042026_banner.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
