BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.35.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-dd50e4d9c47cdf72d24e89d248edb35b@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20260814T223000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20260814T235500
DTSTAMP:20260814T170326Z
CREATED:20260814
LAST-MODIFIED:20260814
PRIORITY:5
SEQUENCE:5
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:XLI Xornadas de Folclore
DESCRIPTION:A zona verde de A Preguiza converterase este venres, 14 de agosto, ás 22:30 horas, nun punto de encontro entre culturas coa celebración dunha nova edición das XLI Xornadas de Folclore, un dos eventos internacionais de referencia do verán cultural ourensán, organizado pola Deputación de Ourense a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración do Concello de Verín e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.\nNesta edición, Verín acollerá as actuacións de tres prestixiosas formacións internacionais procedentes de Armenia, México e Senegal, que achegarán ao público unha mostra da riqueza musical, coreográfica e etnográfica dos seus países.\nDesde Armenia chegará o Sebastia Dance Ensemble – Taron Aesthetic Center, unha agrupación especializada na conservación e difusión da danza tradicional armenia, combinando o respecto polas súas raíces coa formación artística das novas xeracións.\nO folclore mexicano estará representado pola Compañía Nacional de Danza Folklórica de Nieves Paniagua, recoñecida polo seu amplo repertorio de bailes tradicionais que percorren a diversidade cultural de México a través da música, o vestiario e as danzas máis representativas de cada rexión.\nCompleta o cartel o Ballet Jummu, de Senegal, que ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo e enerxía inspirado nas tradicións da África occidental, con danzas, percusións e expresións populares que transmiten a identidade cultural do seu país. Esta formación incorpórase ao festival en substitución da agrupación inicialmente prevista de Kenya.\nAs Xornadas de Folclore reunirán este ano preto de 170 artistas de seis países pertencentes a catro continentes, que percorrerán un total de dezaseis concellos da provincia entre o 10 e o 20 de agosto, achegando ao público espectáculos gratuítos que converten a música e a danza nunha linguaxe universal de encontro entre pobos.\nO Concello de Verín anima á veciñanza e ás persoas visitantes a asistir a esta cita cultural, que permitirá descubrir a riqueza das tradicións doutros países sen saír da vila, consolidando un ano máis a aposta por unha programación estival diversa, aberta e de carácter internacional.\n
URL:https://www.verin.es/events/xli-xornadas-de-folclore/
CATEGORIES:Cultura
LOCATION:Zona verde da Preguiza
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/08/Captura-de-pantalla-2026-08-11-a-las-18.02.01.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
