BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.36.4//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-1343777b8ead1cef5a79b78a1a48d805@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261114T210000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261115T230000
DTSTAMP:20261103T120559Z
CREATED:20261103
LAST-MODIFIED:20261103
PRIORITY:5
SEQUENCE:12
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Circo no Camiño
DESCRIPTION:\nCARPA CIRCO NO CAMIÑO – APARCADOIRO DA RÚA TRAVESÍA\n14 e 15 de novembro\nDous días para vivir o Camiño dunha maneira diferente, onde a cultura se atopa coa fantasía e a diversión non ten límites.\nCirco no Camiño é un proxecto único en Galicia que transforma cada vila nun gran escenario de cultura, fantasía e diversión. Baixo unha gran carpa de circo, as artes escénicas, a música, a maxia e a animación de rúa únense nunha experiencia sorprendente, pensada para achegar espectáculos de calidade a localidades vencelladas ao Camiño de Santiago.\nDurante dous días, a música de Uxía Lambona e a Banda Molona, a maxia do Mago Teto e os espectaculares pasarrúas de Troula encherán as rúas de ritmo, cor e alegría. Haberá tamén propostas familiares e espectáculos circenses para gozar en familia e deixarse sorprender a cada paso.\nComo gran colofón, a Gran Gala de Circo do Camiño reunirá extraordinarios números de acrobacias, equilibrios, malabares e aéreos, nunha celebración da arte circense que non esquecerá o máis importante: os pallasos, a ilusión e as risas a moreas.\nFaite xa co teu abono para gozar das catro propostas baixo a carpa:\nSábado 14 de novembro\n12:00h Tavole – Zirko Txosko\nUnha tola e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben. Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.\nDuración: 50 minutos\n17:30h Gran Gala de Circo no Camiño – Culturactiva\nUnha gala única creada para a carpa do camiño coa participación das máis destacadas artistas do momento. Conducida polo gran pallaso Fifo contará cos aéreos e acrobacias da Frick Company, con Sue Moreno no trapecio, co humor de Javi Javichy, os malabares de Noel, os equilibros dos Forzu2 e o clown de Jano Sen Medidas.\nUnha escolma única para un dos espectáculos de variedades do momento.\nDuración: 90 minutos\nAo remate da gala, acompaña ao pasarrúas Circo Krasnovarak ata o Magosto!\nDomingo 15 de novembro\n12:00h Uxía Lambona e a Banda Molona – Troula\nNenas, nenos, nais, pais, avoas, avós, curmás, curmáns, tíos, tías, marcianos, ratos, ras, vacas, insectos voadores, astronautas, gaiteiras, pallasos, mecánicas…, xentes de aquí e de acolá, xentes do mundo!!!\nDespois de dar voltas e reviravoltas a Galicia, brincar e rebrincar prazas, rúas, auditorios, teatros, e incluso concertos intercibernéticos… por fin chegamos á Carpa do Circo no Camiño cargadiños de temas para cantar, bailar e alegrar o corazón e rir xuntas.\nDuración: 75 minutos\n17:30h Galerock &amp; Magic – Mago Teto\nGaleRock’N’Magic é un percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Viaxamos desde o rock galego dos 80 e 90 de Siniestro ou Los Suaves ata o do século XXI pasando polo bravú.\nMoita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todas. Un espectáculo cheo de chiscadelas e abraios que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor.\nDuración: 75 minutos\n \nInfo de interese\nO abono dá acceso ás catro funcións na carpa de circo.\nMenores de 24 meses non precisan entrada, sempre que non ocupen butaca\nOs carros de bebé non poden acceder á sala, pero disporase dun pequeno aparcadoiro no hall de entrada\nAccesibilidade: As persoas usuarias de cadeira de rodas poden ocupar calquera localidade da primeira ou segunda fila.\n+ info e programación na rúa en www.circonocamiño.gal\n\n
URL:https://xn--circonocamio-khb.gal/
CATEGORIES:Cultura
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/11/circo-no-camino-verin.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
