BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.36.4//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-096d3a817a272647f4ada2d6d733a8fb@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20261114T103000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20261114T190000
DTSTAMP:20261113T152002Z
CREATED:20261113
LAST-MODIFIED:20261113
PRIORITY:5
SEQUENCE:17
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:Copa Internacional Wushu Sanda Villa de Verín
DESCRIPTION:\n\nA competición, organizada polo Club AMC e o CD ARCO, aposta pola promoción da canteira e contará con atletas de máximo nivel dos dous países.\n\nVerín, 13 de novembro de 2026. O Salón de Actos da Casa da Cultura acolleu a presentación da Copa de Sanda Vila de Verín (14 de novembro), unha competición que reunirá máis de 70 atletas de 12 clubs de España e Portugal. A cita, con carácter de Copa de España, situará a vila como sede do sanda nacional e reforzará a súa proxección internacional coa participación de deportistas portugueses.\nA iniciativa está organizada polo Club AMC e o CD ARCO, co patrocinio da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense e coa colaboración do Concello de Verín.\nNa presentación participaron Manuel Pérez González, xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Ourense; José María Lago Cabo, deputado provincial; Diego Lourenzo Moura, concelleiro de Deportes de Verín; e os representantes da organización José Manuel Ferreira; e Manuel Martínez e José Manuel Ferreira (pai), estes últimos en nome do CD ARCO.\nSegundo destaca a organización, trátase do único campionato de sanda en España e Portugal orientado especificamente a potenciar a canteira. A proposta ofrecerá ás novas xeracións a oportunidade de adquirir experiencia competitiva nun encontro que contará tamén con atletas de máximo nivel de ambos os países.\nO concelleiro de Deportes, Diego Lourenzo, destacou que «para Verín é unha satisfacción acoller unha competición que reúne deportistas de España e Portugal e que aposta pola canteira. Detrás desta cita está o traballo dos clubs, dos adestradores e das familias, que fan posible que os máis novos poidan medrar a través do deporte. Desde o Concello seguiremos apoiando ese esforzo e colaborando en iniciativas que lles dean oportunidades para competir, aprender e compartir experiencias».\nA participación dos 12 clubs favorecerá o intercambio entre deportistas e equipos técnicos e permitirá estreitar os vínculos entre as entidades dos dous países. A competición contribuirá, ademais, a dar visibilidade ao sanda e ao labor de formación que desenvolven os clubs organizadores.\nA entrega de trofeos está prevista para o sábado ás 19:00 horas e, segundo informa a organización, contará coa presenza de membros dos equipos nacionais de sanda de España e Portugal.\n\nA competición, en cifras\n\nDataSábado 14 de novembro\nLugarPavillón Municipal de Deportes\nSesións10:30 e 16:00 horas\nParticipantesMáis de 70 atletas\nClubs12 clubs\nPaísesEspaña e Portugal\nCarácterCopa de España\nEntrega de trofeos19:00 horas\nWeb do eventosandaverincup.com\n\n\nOrganización e apoios\n\nOrganizanClub AMC e CD ARCO\nPatrocinanXunta de Galicia e Deputación de Ourense\nColaboraConcello de Verín\n\n\n
URL:https://www.verin.es/events/copa-internacional-wushu-sanda-villa-de-verin/
CATEGORIES:Deportes
LOCATION:Pavillón Municipal de Deportes
ATTACH;FMTTYPE=image/webp:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2026/11/emblema-480.webp
END:VEVENT
END:VCALENDAR
