BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv7.33.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://www.verin.es/
X-WR-CALNAME:Concello de Verín
X-WR-CALDESC:Concello de Verín
X-WR-TIMEZONE:Europe/Madrid
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
X-LIC-LOCATION:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20260329T030000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=03;BYDAY=-1SU
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20261025T020000
RRULE:FREQ=YEARLY;BYMONTH=10;BYDAY=4SU
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-59b90e1005a220e2ebc542eb9d950b1e@verin.es
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20230811T000000
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20230814T000000
DTSTAMP:20230414T113947Z
CREATED:20230414
LAST-MODIFIED:20230809
PRIORITY:5
SEQUENCE:15
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:XVI Feira do Viño Monterrei
DESCRIPTION:A localidade de Verín acollerá, do 11 ao 13 de agosto, unha nova edición da Feira do Viño da Denominación de Orixe Monterrei.\nNesta ocasión estarán presentes un total de 18 das 28 adegas que conforman a denominación, «o que demostra o gran apoio do sector ao noso principal evento vitivinícola», destaca o presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Jonatás Gago García.\nO alcalde verinense, Gerardo Seoane Fidalgo, quixo facer un chamamento público a veciños/as e visitantes «para que se acheguen ata a vila do Támega, nas datas en que se celebra a Feira e gocen dos excelentes viños de Monterrei, así como da completa oferta cultural e gastronómica do que é, sen dúbida, un dos eventos máis importantes e de maior afluencia de público de Verín e comarca».\nEsta cita volverá a realizarse, como foi habitual nas pasadas edicións, na praza da Alameda. Ademais dos stands das adegas, estarán presentes postos gastronómicos aptos para todos os públicos. O horario de apertura dos stands incrementarase respecto ao ano 2022, e será o seguinte: venres 11 de 19.30 a 24.00 h. (venta anticipada a partir das 19.00 horas), sábado 12 de 12.30 a 14.30 h. e de 19.30 a 01.00 h., e domingo 13 de 12.30 a 14.30 h e de 19.30 a 24.00 h. Nesta edición, os prezos volverán ser de 5 degustacións por dez euros e unha copa personalizada da D.O. por dous euros.\nO acto inaugural da XVI Feira do Viño de Monterrei realizarase o venres 11, a partir das 20.00 horas, na praza Maior. A persoa responsable de realizar o pregón, cun gran prestixio televisivo, será anunciada nas próximas xornadas.\nPreviamente a dita inauguración, na Igrexa Parroquial de Verín, ás 18.30 horas, terá lugar o acto de imposición de medallas da Cofradía dos Viños de Monterrei, que volve a realizarse en conxunto coa celebración da feira.\nAxenda de actos\nCultura, gastronomía, música e viño uniranse un ano máis no marco da Feira do Viño de Monterrei, entre as que se incluirán diversas actividades paralelas destinadas a adultos e público infantil. As mesmas celebraranse na praza Maior e no interior do parque da Alameda, ao longo das xornadas do 11, 12 e 13 de agosto.\nMentres que para os/as nenos/as están previstos xogos infantís populares, en horario vespertino, para o público adulto contémplanse a realización de catas e showcookings, para os que son necesarios unha inscrición previa. Están previstos o sábado en horario de mañá e tarde, e o domingo 13 só en horario de mañá. Ao longo desta semana anunciaranse as persoas encargadas de impartilos, horarios e modo de realizar a inscrición.\nSegundo confirmou a concelleira de Cultura e Festexos, Samanta Barreira, tamén haberá unha completa programación musical especialmente preparada para o disfrute de todos os públicos. «Cunha coidadosa selección de seis propostas variadas, este ano traballamos arduamente para crear un repertorio excepcional que satisfaga os gustos de todas as persoas que nos acompañen neste evento único».\nO venres 11, a partir das 20:00 horas, a Banda de Gaitas do Concello de Verín amenizará o acto inaugural oficial coa súa música en directo. Xa pola noite, ás 00:00 do sábado 12, será o turno da banda tributo a Los Secretos, o mítico grupo de pop-rock español, que fará vibrar ao público coas súas cancións máis emblemáticas.\nO sábado 12, a música seguirá sendo a protagonista, con animación en directo entre as 13:00 e as 14:00 horas, que amenizará o ambiente no recinto feiral. Pola tarde, entre as 20:00 e as 22:00 horas, unha charanga tradicional percorrerá todo o recinto da feira, animando aos asistentes co seu repertorio variado e festivo. Xa na madrugada do domingo 13, ás 1:00 horas, o escenario da praza García Barbón acollerá o concerto de The Rapants, unha banda de indie e garage formada en Muros en 2018, que aporta frescura ao panorama musical galego con temas animados e directos cargados de enerxía.\nO domingo 13, último día da feira, volveremos contar con animación musical da man dunha charanga tradicional, entre as 13:00 e as 14:00 horas, no recinto feiral. E para pechar o evento, nada mellor que disfrutar do espectáculo de Fillas de Cassandra, un dúo musical galego -que toma o seu nome da mitoloxía grega- formado por María Pérez (MaríaSOA) e Sara Faro, que basa a súa música na tradición musical e oral, feminismo e os sons máis modernos e vangardistas. As súas emotivas e desenfadadas composicións logran conectar cun público interxeracional cun activismo feminista, levándoo por unha viaxe entre o presente e o pasado coas heroínas da mitoloxía clásica como protagonistas. Este concerto final, que clausura esta edición da Feira do Viño será ás 00:00 horas da madrugada do luns 14 de agosto.\nAdegas participantes, stands gastronómicos e colaboradores\nO presidente do Consello Regulador indicou o nome das 18 adegas participantes na próxima edición:\n\nBodegas Ladairo\nGargalo\nAdega Valderello\nCrego e Monaguillo\nQuinta do Buble\nAdega Terras do Cigarrón\nTriay\nAdegas Terrae\nTapias Mariñan\nFragas do Lecer\nVía Arxéntea\nBodega Abeledos\nPazo de Valdeconde S.L.\nFranco Basalo\nAdegas Daniel Fernández\nQuinta Soutullo\nManuel Vázquez Viticultor\nSerra de Alén\n\n \nA de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. Esta abrangue os concellos de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 28 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 691 hectáreas de territorio nas que traballan 362 viticultores.\nSobre a D.O. Monterrei\nPara rematar, quixeron agradecer a implicación das institucións e entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).\nCon respecto aos postos de gastronomía, dous máis que na pasada edición, estarán presentes A Alacena para levar, Panadería Roscas, C. Regueiro, Filloas/Crêpes, Alacena-Puebla de Sanabria, Xamóns Don Francisco, Conservas de Santoña, Queixería Gaia e Casa do Polbo.\n\n\n \n
URL:https://www.verin.es/events/feira-vino/
CATEGORIES:Cultura,Festexos,Turismo
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.verin.es/wp-content/uploads/2023/08/feiradovinomonterreicartal2023.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR
