
Pleno extraordinario – 15 de novembro
15/11/2024
Verín contará cunha nova gardería pública grazas a unha subvención de máis de 700.000 euros
19/11/2024O vindeiro sábado, 23 de novembro, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a V Gala da Igualdade, un evento que combina cultura, música e compromiso cos valores da xustiza, igualdade, non violencia e inclusión. Este ano, a gala rende homenaxe a Santa Icía, patrona da música e das persoas dedicadas a esta arte, nunha celebración aberta a toda a cidadanía con entrada gratuíta.
A xornalista verinesa Nora Sola será a encargada de conducir a velada, que contará cun variado e completo programa:
Actuacións musicais do alumnado do CMUS, amosando o talento e a creatividade das novas xeracións.
A inauguración dunha nova Aula Homenaxe dedicada a unha muller pioneira no ámbito da música, subliñando a importancia de recoñecer referentes femininos no eido da cultura.
A presentación da obra artística «Son do encanto» de Marilar Salgado, unha creación que mestura arte e compromiso social.
A presentación do libro «Recoñecer, actuar e restaurar. Manual básico para afrontar as violencias machistas», coa intervención da filósofa e escritora Carme Adán, quen aportará unha reflexión sobre a citada obra.
Actuacións musicais de grupos Silveiras do Támega e o Dúo Vintage, que poñerán o broche musical á celebración.
Como colofón, ofrecerase unha chocolatada para compartir un momento de convivencia e desfrute colectivo.
A V Gala da Igualdade, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín, a súa ANPA e o Concello de Verín, representa unha oportunidade única para destacar a importancia da igualdade de xénero a través da música, a arte e o pensamento crítico. Dende o Concello de Verín convidamos a toda a veciñanza a participar e gozar dun evento que combina tradición, cultura e compromiso coa xustiza social.




