Nova Era «A un paso dos dez»
A Banda de Gaitas Nova Era invita a celebrar o Nadal cun concerto moi especial!
O sábado, 28 de decembro, ás 18:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín volverá vibrar co tradicional concerto de Nadal da Banda de Gaitas Nova Era. Este ano, baixo o título «A un paso dos dez», a banda quere compartir con co público un adianto das celebracións polo seu décimo aniversario.
Será unha tarde única, chea de emoción e boa música, na que poderedes desfrutar dun repertorio que viaxa por ritmos galegos, melodías doutros países e algunhas das cancións pop máis recoñecidas.
Un concerto que mestura tradición, modernidade e ese toque especial que fai de cada actuación de Nova Era unha experiencia inesquecible.
Non quedes sen vivir este momento! Un Nadal en Verín non sería o mesmo sen Nova Era. Agardámoste!
As entradas están dispoñibles en ataquilla.com.