
Verín e Monterrei prepáranse para saborear a historia con “O Pincho Irmandiño”
28/05/2025
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano «Támega» 2025
04/06/2025O Concello de Verín vén de anunciar a apertura do prazo de presentación de instancias para cubrir diversas prazas de persoal laboral temporal durante a tempada estival de 2025. As contratacións están dirixidas a reforzar os servizos municipais relacionados co ocio, a seguridade acuática e as actividades deportivas infantís.
En concreto, ofértanse:
9 prazas de monitores/as de ocio e tempo libre, con contrato dende o 23 de xuño ata o 12 de setembro. Os dous primeiros postos serán a xornada completa e os sete restantes, a xornada parcial.
1 praza de coordinador/a da ludoteca de verán e do campamento urbano, tamén cun contrato a xornada completa desde o 23 de xuño ata o 12 de setembro.
Prazas de monitores/as deportivos, con contrato a xornada parcial desde o 23 de xuño ata o 5 de setembro, para as escolas deportivas de verán.
Prazas de socorristas, a xornada completa, dende o 21 de xuño ata o 12 de setembro.
As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no prazo de 7 días naturais a partir do día seguinte á publicación dos anuncios, sendo o 4 de xuño de 2025 o último día para tramitar a instancia.
Toda a información, así como os anexos e formularios necesarios, está dispoñible na sede electrónica do Concello de Verín ou de maneira presencial no taboleiro de anuncios do Concello.
Estas contratacións permiten reforzar os servizos públicos durante a época estival, garantindo a seguridade, a calidade e a diversidade da oferta municipal dirixida á infancia e á mocidade.
Anexos



