
O Concello de Verín publica novas ofertas de emprego para o verán de 2025
28/05/2025
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para a XVI Escola de Verán
04/06/2025Verín, 4 de xuño de 2025. A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, dependente da área de Benestar Social, vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para a Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano “Támega” 2025. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a partir do xoves, 5 de xuño, na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11 – 1ª planta, porta 15).
Estas iniciativas, dirixidas a nenos e nenas de 3 a 15 anos, teñen como obxectivo facilitar a conciliación familiar e laboral durante os meses de verán, ao tempo que ofrecen un espazo educativo, lúdico e de socialización para a mocidade verinesa.
As actividades desenvolveranse entre o 23 de xuño e o 5 de setembro, de luns a venres, nas instalacións do CEIP Amaro Refojo e o CEIP Princesa de España. A programación estrutúrase en dúas propostas diferenciadas por idades:
LUDOTECA DE VERÁN “Convive en Igualdade” (3 a 10-11 anos)
Con actividades como:
- Chapuzóns diarios na piscina municipal.
- Obradoiros temáticos e creativos.
- Celebración de días especiais (Día de Galicia, Día do Avó, Día do Emoticono…).
- Inchables, acampadas nocturnas e lipdub.
- Desfile con “Ludobatucada” e bailes.
- Actividades de cine e informática no aula Cemit.
- Excursión ao parque de atraccións Magikland (Peñafiel).
CAMPAMENTO URBANO “Támega” (11 a 15 anos)
Inclúe propostas como:
- Visitas ao parque acuático Naturwaterpark e a unha adega tradicional.
- Xogos deportivos e tradicionais, xymcanas pola igualdade, rallys, xogos musicais e moito máis.
- Piragüismo, sendeirismo, saídas ao río, bicicletada, acampadas e veladas nocturnas.
- Participación no Festival Internacional de Curtametraxes de Verín – Vía XIV.
Prezos e horarios flexibles
O Concello de Verín ofrece dúas franxas horarias (de 9:00 a 14:00 e de 8:00 a 14:30 h) e diferentes opcións de asistencia (días soltos, semanas, quincenas ou servizo completo), con prezos adaptados para persoas empadroadas e non empadroadas. Toda a información detallada pode consultarse na Casa da Xuventude ou chamando ao teléfono 988 414 776.
| Modalidade | Empadroados (€) | Non empadroados (€) |
|---|---|---|
| Servizo completo | 143 | 179 |
| Servizo completo (3 días á semana) | 87 | 108 |
| 1 mes + 1 semana | 77 | 97 |
| 1 mes + 1 semana (3 días á semana) | 47 | 59 |
| Quincena | 65 | 82 |
| Quincena (3 días á semana) | 40 | 50 |
| Semana | 35 | 44 |
| Días soltos | 8 | 10 |
| Modalidade | Empadroados (€) | Non empadroados (€) |
|---|---|---|
| Servizo completo | 169 | 211 |
| Servizo completo (3 días á semana) | 102 | 128 |
| 1 mes + 1 semana | 90 | 113 |
| 1 mes + 1 semana (3 días á semana) | 55 | 69 |
| Quincena | 70 | 88 |
| Quincena (3 días á semana) | 43 | 54 |
| Semana | 40 | 50 |
| Días soltos | 10 | 13 |



