
Xoán Curiel e A Banda do Verán chegan este sábado á Praza García Barbón cun espectáculo musical para toda a familia
26/06/2025
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para participar no Desfile de Entroidos de Interese Turístico en Santiago de Compostela
02/07/2025Verín 26 de xuño do 2025. O Conservatorio Profesional de Música do Concello de Verín (CMUS), e a súa ANPA celebraron onte a entrega dos premios da iniciativa solidaria “Arte e Música”, unha proposta que combina cultura e educación e que culminou cun sorteo de cinco obras doadas por recoñecidos artistas locais.
O acto de entrega realizouse no marco da Gala de Fin de Curso, celebrada no Auditorio de Verín, e contou coa presenza do tenente de alcalde e concelleiro responsable da área de Conservatorio, quen fixo entrega das obras ás persoas gañadoras, destacando o «valor desta iniciativa que une dúas disciplinas fundamentais como son a música e as artes plásticas, ao tempo que promove a educación e a participación cidadá»..
As obras sorteadas foron:
- «Los guerreros de la Paz», de Fernando Barreira
- «Atardecer en el mar», «Natureza morta» e «Flores», de Xosé Rivada
- «Peliqueiros 1925», de Rafael Castro
A recadación obtida a través da venda de rifas destinarase á compra de instrumentos musicais para o alumnado do CMUS e a unha saída educativa.
Desde o Concello de Verín e a dirección do Conservatorio agradeceuse a colaboración da ANPA do CMUS, da Banda do Conservatorio e dos artistas participantes, destacando o éxito dunha acción que demostra, unha vez máis, o compromiso da comunidade educativa e cultural coa formación e coa creatividade na comarca.



