
Verín acollerá o espectáculo de danza “Coreografías dun DeMente”, unha reflexión artística sobre a saúde mental
07/07/2025
Unidades do Seprona, Pegaso e Cabalería da Garda Civil visitaron o Campamento Urbano e a Ludoteca de Verín para concienciar sobre o medio ambiente
14/07/2025Verín 9 de xullo do 2025. A XVIII Feira do Viño de Monterrei terá unha pregoeira de luxo. A actriz, guionista e directora Mariana Carballal, será a encargada de efectuar o pregón que dará inicio a esta celebración. Unha persoa fortemente vinculada co territorio e que leva a denominación de orixe Monterrei sempre consigo.
A realización do devandito pregón está enmarcado dentro dos actos previstos para a xornada inaugural da feira. Despois da celebración da Confraría dos Viños de Monterrei, na Igrexa Parroquial de Verín, terá lugar a inauguración oficial da nova edición desta feira do viño. A mesma será o 08 de agosto, a partir das 20 horas, na praza García Barbón de Verín. Mariana Carballal naceu en Albarellos (Monterrei).
Licenciada en Arte Dramática pola RESAD de Madrid e posgraduado en Estudos Teatrais e Cinematográficos pola Universidade da Coruña. Profesora de interpretación na ESAD de Galicia, de Dirección en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo e de Interpretación para Cámara en UMinho. Directora, guionista e actriz de teatro, TV e cinema. Participou en películas e series como Vivir sin permiso, Fariña, Elisa y Marcela, 22 Ángeles, Secretos, Sinbad, La piel que habito, Matalobos, Hospital Central ou Pratos Combinados. Ademais de actuar en obras como E Embrujado, Las galas del difunto, Asamblea de mujeres ou La petición de mano, entre outras. Posúe, o premio Galicia en Feminino 2004, outorgado pola Xunta de Galicia en recoñecemento á súa achega á visibilidade das mulleres no ámbito da dirección, Xociviga de Honra en 2016 ou Premio OUFF Ourense 2023.
Sobre a D.O Monterrei
A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 29 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 798,10 hectáreas de territorio nas que traballan 381 viticultores.



