
O C.R.D.O. Monterrei e o Concello de Verín renovan o convenio de colaboración para a Feira do Viño de Monterrei
15/07/2025
O ritmo da batucada toma as rúas de Verín un ano máis
20/07/2025Chaves-Verín, 17 de xullo de 2025
A próxima acción social no marco da programación “Descubre a Eurocidade Chaves-Verín – o outro lado que tamén é noso” terá lugar o día 31 de xullo, mércores, e está destinada á poboación de Verín. Esta edición coincide co primeiro día do Festival N2, no Xardín Público da cidade de Chaves; un festival de renome que reflicte o crecente interese pola Estrada Nacional 2, que conecta Chaves con Faro.
Esta programación, promovida pola Eurocidade Chaves-Verín, AECT, busca reconectar á poboación local co patrimonio termal e cos recursos culturais e turísticos compartidos entre ambas cidades, reforzando o sentimento de pertenza a un territorio común e fomentando a dimensión transfronteiriza da Eurocidade. A empresa organizadora será Ideias Essenciais Tours e Eventos.

Público destinatario: Xeral de Verín
Participación: Gratuíta (prazas limitadas)
O programa inclúe:
- Transporte
- Seguro
- Visitas guiadas con guías acreditados bilingües
- Xantar
- Actividades culturais e de benestar
As inscricións son obrigatorias e poden realizarse en liña a través da seguinte ligazón:
https://forms.gle/n2q27vT2rGDcBuRw6
Tamén poderán facerse presencialmente nos seguintes lugares:
- Sede da Eurocidade Chaves – Verín, AECT
- Ideias Essenciais Tours e Eventos (Hotel Premium Chaves)
- Oficina de Turismo de Verín
Todas as accións serán difundidas nas redes sociais da Eurocidade Chaves-Verín e Ideias Essenciais Tours e Eventos. Para máis información, pódese consultar a seguinte páxina web:
https://eurocidadechavesverin.eu/agenda/atividades-eurocidade/2025/poi/programas-sociais-para-todos-os-publicos-no-ambito-do-projeto-eurocidade-termal-e-da-agua
Esta actividade enmárcase no proxecto “Eurocidade Termal e da Auga”, cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.



