
O Concello de Verín oferta dous cursos gratuítos de formación para persoas desempregadas: Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes
22/07/2025
Solicitud de oferta para la contratación de operación de crédito a largo plazo 1/2025
07/08/2025A próxima acción social enmarcada na programación «Descubre a Eurocidade Chaves-Verín – o outro lado que tamén é noso», terá lugar o sábado 9 de agosto e está dirixida á poboación de Chaves. Esta edición coincide coa XVIII Feira do Viño de Monterrei que se celebra en Verín, onde se poderán degustar os mellores viños da comarca.
Esta programación, promovida pola Eurocidade Chaves-Verín, AECT, ten como obxectivo reconectar á poboación local co patrimonio termal e os recursos culturais e turísticos compartidos entre ambas cidades, reforzando o sentimento de pertenza a un territorio común para fomentar a dimensión transfronteiriza da Eurocidade. A empresa responsable da organización e execución do programa será Ideas Esenciais Tours e Eventos.

Esta acción está dirixida ao público xeral de Chaves. A participación é gratuíta, mais as prazas son limitadas. O programa inclúe:
- Transporte
- Seguro
- Visitas guiadas con guías acreditados bilingües
- Xantar
- Actividades culturais e de benestar: promoción da cohesión transfronteiriza
As inscricións son obrigatorias e realízanse en liña a través da seguinte ligazón:
https://forms.gle/n2q27vT2rGDcBuRw6
As persoas interesadas tamén poden inscribirse presencialmente nos seguintes lugares:
- Sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT
- Ideias Essenciais Tours e Eventos (Hotel Premium Chaves)
- Oficina de Turismo de Verín
Todas as accións serán difundidas nas redes sociais das entidades promotoras e organizadoras: Eurocidade Chaves-Verín, AECT e Ideias Essenciais Tours e Eventos. Para máis información pódese consultar a web da Eurocidade:
https://eurocidadechavesverin.eu/agenda/atividades-eurocidade/2025/poi/programas-sociais-para-todos-os-publicos-no-ambito-do-projeto-eurocidade-termal-e-da-agua
Esta actividade enmárcase no proxecto «Eurocidade Termal e da Água», cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.
Eurocidade Chaves-Verín, AECT • Av. Portugal, 118. Feces de Abaixo • 32699 Verín (Ourense), España
Tel: (+34) 988 416 017 • Fax: (+34) 988 426 644 • Móbil: (+34) 608 913 048
www.eurocidadechavesverin.eu
info@eurocidadechavesverin.eu



