
Suspensión de actividades culturais e deportivas en Verín pola vaga de lumes
14/08/2025
O FIC Vía XIV adía a súa décima edición pola situación actual que se vive na contorna a causa dos incendios forestais
21/08/2025O Concello de Verín informa, seguindo as indicacións de AXEGA 112, que nestes momentos non é preciso achegar máis material de emerxencia nin alimentos para as zonas afectadas polos incendios.
Punto de recollida de material
Para aquelas persoas que xa fixeron acopio de material, habilitouse o Auditorio de Verín como punto de recollida.
- Horario: de 10:00 a 14:00 horas e de 20:00 a 21:30 horas.
- Todo o material recibido será canalizado cara aos lugares nos que resulte máis necesario.
Recomendacións importantes
É fundamental seguir en todo momento as indicacións das fontes oficiais. Rogamos evitar acudir de maneira individual ás zonas afectadas, xa que isto pode dificultar o traballo dos equipos de emerxencia.
Ademais, no caso de que se precise novamente máis material, o Concello comunicarao oportunamente polas canles oficiais habituais.
Agradecemento á cidadanía
Desde o Concello de Verín reiteramos o noso profundo agradecemento pola solidariedade, colaboración e responsabilidade que está a amosar a cidadanía nestes momentos difíciles. O compromiso social e a unión veciñal están a ser fundamentais para facer fronte a esta situación.



