
O FIC Vía XIV adía a súa décima edición pola situación actual que se vive na contorna a causa dos incendios forestais
21/08/2025
Rali da Água anima região transfronteiriçade Chaves e Verín (Galiza)
01/09/2025O Concello de Verín, en colaboración coa Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Xunta de Galicia, anima á veciñanza a participar na nova campaña de doazón de sangue que terá lugar na nosa vila.

A unidade móbil desprazarase ata a Praza García Barbón (Praza Maior) os días:
Xoves, 4 de setembro → de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
Venres, 5 de setembro → de 10:15 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
Por que doar sangue?
Doar sangue é un xesto solidario e imprescindible para o funcionamento do sistema sanitario. Cada doazón pode axudar a salvar ata tres vidas, e os hospitais galegos precisan cada día de centos de doazóns para atender emerxencias, intervencións cirúrxicas, tratamentos oncolóxicos ou enfermidades crónicas.
Requisitos básicos
Ter máis de 18 anos.
Pesar máis de 50 quilos.
Non acudir en xaxún.
Levar consigo o DNI ou documento identificativo similar.
Ademais, recoméndase agardar dúas horas despois do xantar para doar sangue, informar ao persoal médico sobre posibles enfermidades ou medicacións e non realizar grandes esforzos físicos tras a doazón.
Información
Para máis información sobre a doazón de sangue pódese chamar ao teléfono gratuito 900 100 828



