
Verín acolle a V edición da Festa da Cervexa
03/10/2025
O Pleno de Verín aproba por urxencia a execución dunha nova captación de auga no manancial de Miñambres para garantir o subministro municipal
09/10/2025● Mabel Lozano e Adriana Cardozo protagonizan unha xornada marcada polo cinema social e o testemuño directo contra a violencia de xénero.
● O Foro da Igualdade pecha en Verín con proxeccións, coloquios e voces que visibilizan a realidade da trata e da prostitución.
● FEMURO clausura o seu encontro anual reivindicando o poder do cine e da palabra para denunciar a violencia machista.
Sábado, 4 de outubro de 2025. O sábado 4 de outubro, o Auditorio de Verín acolleu a segunda xornada do XXI Foro da Igualdade, organizada por FEMURO, que reuniu a veciñanza, representantes institucionais e colectivos de mulleres nun encontro arredor da resiliencia e a loita das mulleres fronte á violencia de xénero.
A sesión deu comezo coa presentación institucional e continuou coa proxección de dúas pezas dirixidas por Mabel Lozano, recoñecida cineasta e activista pola igualdade: Ava, Premio Goya 2024 á Mellor Curtametraxe Documental, e Abril. Hoy no es invierno, estrea en Galicia despois da súa presentación no Festival Internacional de San Sebastián.
“Yo utilizo el cine, el arte y la cultura para seguir informando sobre la esclavitud sexual que sufren millones de mujeres”, explicou Mabel Lozano, quen leva anos convertendo o audiovisual nunha ferramenta de denuncia e sensibilización.
Tras unha pausa para café, o público participou no coloquio con Adriana Cardozo, muller supervivente de trata que compartiu en primeira persoa a súa historia e a súa traxectoria vital. “La prostitución no es un trabajo, es una circunstancia de la mujer”, afi rmou Cardozo, que hoxe dedica o seu tempo a acompañar e visibilizar a realidade das vítimas de explotación.
A xornada serviu tamén para reivindicar o compromiso das institucións e da sociedade coa igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres. “A violencia, en calquera das súas manifestacións, non debería ter cabida na sociedade, especialmente aquela que afecta ás mulleres con discapacidade”, destacou Mariví, vicepresidenta de FEMURO, durante o peche da sesión.
Con esta xornada, FEMURO pecha a 21ª edición do seu Foro da Igualdade, consolidado como un espazo de refl exión, aprendizaxe e encontro interxeracional que combina testemuños reais, educación en igualdade e o poder transformador do cinema social.
SOBRE FEMURO
FEMURO é a Federación de Mulleres Rurais de Ourense, que agrupa a máis de 60 asociacións de mulleres rurais de toda a provincia. Con 27 anos de traxectoria, leva traballando de xeito continuo na loita contra as discriminacións de xénero e na sensibilización social a través de programas culturais e sociais. Entre as súas iniciativas destaca o Foro da Igualdade, que chega este ano á súa XXI edición, consolidado como un espazo de referencia para o diálogo, a formación e a defensa da igualdade. O Encontro é posible grazas á colaboración entre FEMURO e a Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento do proxecto Fíos Violetas: prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Ademais, FEMURO desenvolve numerosos programas sociais dirixidos a mulleres e comunidades do rural, fortalecendo redes de apoio e recursos no territorio. No ano
2020, a súa labor foi recoñecida coa Medalla Emilia Pardo Bazán, un premio que avala o compromiso e o impacto do seu traballo en prol da igualdade real.









