
O Pleno de Verín aproba por urxencia a execución dunha nova captación de auga no manancial de Miñambres para garantir o subministro municipal
09/10/2025
O Concello de Verín abre o prazo para a contratación de persoal laboral temporal nas áreas de Axuda no Fogar e Socorrismo
12/10/2025- A inauguración terá lugar o martes 14 ás 16:00 horas, e contará con música ao vivo.
Verín, 10 de outubro de 2025. A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Verín acollerá, do 14 ao 21 de outubro, a mostra pictórica “Camiños do Subconsciente”, do artista e tatuador verinés, Lucas Molina. A inauguración terá lugar o martes 14 ás 16:00 horas, e contará con música ao vivo.
A exposición propón, segundo o seu autor, “un viaxe pictórico a través do imaxinario surrealista, onde cada obra é unha parada nun percorrido interno: un fragmento de emoción, un símbolo oculto, un soño revelado”.
A colección non pretende explicar, senón suxerir, provocar e espertar sensacións no espectador, convidándoo a explorar o seu propio subconsciente a través da cor, a forma e a emoción.
Lucas Molina, artista plástico e tatuador, iniciou o seu contacto co mundo da arte moi novo —“a primeira vez que tatuei foi con 15 anos”, lembra—, e nos últimos anos decidiu abrirse á pintura, creando esta serie surrealista a partir de soños, sentimentos e ideas.
O artista, que reside na vila do Támega, comparte parte do seu traballo a través do seu perfil en Instagram @thelucasmolina.
A exposición poderá visitarse ata o 21 de outubro, de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, na Casa da Cultura de Verín.






