
Cortes de circulación por rodaxe de serie de Netflix en Verín
05/11/2025
O Concello de Verín finaliza a tramitación da súa actuación máis ambiciosa no casco vello desde as reformas propiciadas por García Barbón
07/11/2025
O Concello de Verín vén de anunciar a apertura dun proceso de contratación laboral temporal co obxectivo de cubrir diferentes prazas vinculadas ao servizo de vías e obras municipais.
As prazas ofertadas son as seguintes:
Oficial primeira de vías e obras
Peón de vías e obras
Condutor/a de maquinaria de obras públicas
O procedemento selectivo rexerase polo establecido nas bases xerais de contratación do persoal laboral temporal do Concello, así como polas respectivas bases específicas de cada categoría profesional.
O prazo de presentación de instancias será de 7 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio. O último día para presentar solicitudes será o 14 de novembro de 2025.
Toda a documentación requirida para participar nestes procesos, así como os anexos e bases correspondentes, atópanse dispoñibles na sede electrónica do Concello de Verín (apartado Tablón de Anuncios – Emprego Público) e tamén no taboleiro de anuncios físico do consistorio.
Con esta convocatoria, o Concello de Verín continúa apostando pola creación de emprego local e pola mellora dos servizos municipais de mantemento e obras públicas, reforzando así a capacidade operativa das brigadas municipais.
???? Máis información: Sede electrónica do Concello de Verín



