
Presentado o cartel do Entroido de Verín 2026, obra do estudo creativo Pruden Tattoo, formado por Anxo Varela “Pruden” e Lúa Lomo
16/01/2026
O Concello de Verín súmase a un minuto de silencio en lembranza das vítimas do accidente ferroviario de Adamuz
19/01/2026O Pleno do Concello de Verín celebrou na mañá de hoxe unha sesión extraordinaria e urxente na que se deu luz verde á regularización administrativa de gastos correspondentes a exercicios anteriores, co obxectivo de garantir a correcta ordenación contable e orzamentaria da actividade municipal.
Durante a sesión, o Pleno aprobou o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos e a súa imputación ao Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2026, conforme á proposta elevada pola Alcaldía, permitindo así integrar gastos realizados nos exercicios 2024 e 2025 que non foran incorporados aos orzamentos daqueles anos.
Tal e como se recolle na proposta de Alcaldía, o expediente aprobado abrangue facturas pendentes de recoñecemento por un importe total de 358.847,98 euros, dando cumprimento aos informes técnicos municipais e asegurando a continuidade e normalización dos procedementos administrativos e económicos do Concello.



