
Verín premia a participación e a calidade gastronómica no Pincho no Lázaro 2026, que supera os 5.000 pinchos consumidos
23/03/2026Verín, 23 de marzo de 2026. O pleno municipal celebrado hoxe aprobou, cos votos a favor do PSOE e do BNG e en contra do PP, unha modificación de crédito por importe de 2.271.742,82 euros, financiada fundamentalmente con recursos procedentes de subvencións e achegas doutras administracións, que permitirá reforzar o capítulo de investimentos do orzamento municipal e elevar o investimento total previsto para o exercicio 2026 ata os 5.233.208,66 euros.
O orzamento inicial de investimentos para 2026 ascendía a 2.961.465,84 euros, polo que esta modificación permitirá ampliar de maneira significativa a capacidade inversora do Concello e impulsar novos proxectos estratéxicos para o municipio.
Unha parte destacada destes investimentos conta ademais con financiación externa (2.271.742,82 euros) procedente de subvencións doutras administracións (FEDER – Senda Financieira Plan Edil- e Deputación de Ourense), o que permitirá acometer actuacións de gran envergadura sen que o esforzo económico recaia exclusivamente nas arcas municipais.
Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, esta modificación de crédito «permitirá continuar coa modernización das infraestruturas municipais, mellorar servizos públicos e avanzar en proxectos clave para o desenvolvemento urbano e económico de Verín».
Entre as actuacións máis relevantes destacan:
Pavimentación de vías urbanas, cun investimento de 678.772,88 euros
Mellora de vías en núcleos rurais, con 648.210,68 euros
Asfaltado da Avenida N-532, cunha partida de 200.000 euros
Urbanización da Avenida Luis Espada, con 101.994,30 euros
No ámbito dos servizos básicos:
Impermeabilización do colector principal, con 206.460,03 euros
Remunicipalización do servizo de abastecemento e saneamento, con 220.000 euros.
En equipamentos e patrimonio municipal:
Nova Escola Infantil, cun investimento de 346.005,24 euros
Expropiación de terreos en Fontenova (proxectos FEDER), con 293.152,18 euros.
Execución de beirarrúas, con 150.000 euros
Desde o goberno municipal destacan que este esforzo inversor permitirá acometer actuacións estratéxicas en infraestruturas, servizos e espazos públicos, reforzando a transformación urbana de Verín e mellorando a calidade de vida da veciñanza. Neste sentido, subliñan que os recursos incorporados a través da modificación de crédito «supoñen arredor do 43 % do investimento total previsto para 2026», o que permitirá ampliar de maneira significativa a capacidade inversora do Concello durante o vindeiro exercicio.



