Extruga Festival 2026

Fecha
Jul 17 - 18 2026
Hora
Evento todo o día

Extruga Festival 2026

Verín converterase novamente nun punto de encontro para a cultura urbana coa celebración dunha nova edición de Extruga na rúa, que os vindeiros 17 e 18 de xullo ofrecerá unha programación gratuíta pensada para todos os públicos e que combinará música en directo, deporte urbano, arte, lecer e actividades participativas.

O Concello de Verín colabora un ano máis con esta iniciativa como alto patrocinador, reafirmando o seu compromiso co apoio a propostas culturais que dinamizan a vida social e económica da vila, fomentan a participación da mocidade e contribúen á proxección de Verín como un destino de referencia para o lecer e a cultura.

A programación arrancará o venres 17 de xullo coa actividade «Camiñando Caratrás – As Labras Perdidas», un scape room urbano que levará aos participantes a percorrer diferentes establecementos colaboradores de Verín para resolver un misterio a través de probas e desafíos.

Xa o sábado 18 de xullo, o festival recuperará unha das actividades máis lembradas pola veciñanza, o Descenso do Río Támega, que volverá celebrarse tras varios anos sen formar parte da programación cultural verinesa. Ao longo da xornada desenvolveranse tamén sesión vermú, obradoiros, a clasificatoria da Liga Xunta de Break, batallas de galos, exhibicións de BMX e scooter, zona de realidade virtual, mercadiño, foodtrucks e unha destacada programación musical encabezada por Morodo ft. Jah Nattoh, xunto a artistas como LG1DO, LIL $AM, Xian Pais, Tapa D’Orella, DJ Chapamama Crew, Handiko B2B Andria e un showcase sorpresa.

Extruga na Rúa consolídase edición tras edición como unha cita de referencia da cultura urbana en Galicia, contribuíndo a enriquecer a programación estival e posicionando a vila do Támega como un destino atractivo para o lecer, a cultura e a mocidade.

Mais información: https://extruga.com

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.