Cine na rúa «Rondallas»

Fecha
Ago 02 2026
Hora
22:30 - 23:55

Cine na rúa «Rondallas»

O Parque da Preguiza converterase nunha gran sala de cine ao aire libre o vindeiro domingo, 2 de agosto, coa proxección da película Rondallas, dentro do programa Cine na Rúa, unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Ourense en colaboración co Concello de Verín.

A sesión dará comezo ás 22:30 horas e forma parte do Circuito Provincial de Cine de Verán, un programa que este ano achega o cine ao aire libre a unha trintena de concellos da provincia co obxectivo de descentralizar a oferta cultural e facilitar o acceso da cidadanía a proxeccións cinematográficas de calidade.

Ademais de fomentar o desfrute do cine en espazos públicos, esta campaña aposta pola promoción do cine galego e das producións ourensás, contribuíndo á cohesión social e enriquecendo a programación cultural e turística dos municipios participantes durante a época estival.

A película elixida para esta edición en Verín é Rondallas, un filme dirixido por Daniel Sánchez Arévalo que chega ao programa como unha das propostas destacadas do panorama cinematográfico actual.

Como complemento á proxección, as persoas asistentes disporán dun servizo de venda de flocos de millo, co que poderán completar a experiencia dunha auténtica noite de cine ao aire libre.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.