I Feira de Stock dos Comercios de Verín, DESESTOCA

Fecha
Ago 30 2026
Hora
12:00 - 22:00

I Feira de Stock dos Comercios de Verín, DESESTOCA

O Parque da Alameda acollerá o vindeiro domingo 30 de agosto a I Feira de Stock dos Comercios de Verín, DESESTOCA, unha iniciativa organizada por AEVER e o Centro Comercial Urbano Verín, e cofinanciada pola Xunta de Galicia, Comercio Galego e o Concello de Verín.

A feira nace coa intención de sacar o comercio local á rúa e crear unha xornada de encontro na que veciñanza e visitantes poidan aproveitar prezos especiais e oportunidades de compra nun ambiente diferente e pensado para todos os públicos.

Durante a xornada, os establecementos participantes ofrecerán unha ampla variedade de produtos, entre eles roupa, xoias, calzado e artigos de decoración, convertendo o Parque da Alameda nun gran escaparate do comercio de proximidade de Verín.

A proposta irá máis alá das compras e contará tamén cunha programación complementaria destinada a favorecer un ambiente familiar e festivo. Entre as actividades previstas haberá música e sesión DJ, así como unha xincana e diferentes propostas para os máis pequenos, que se desenvolverán entre as 12:00 e as 15:00 horas.

Con DESESTOCA búscase tamén reforzar o Parque da Alameda como espazo de convivencia e dinamización, favorecendo que a cidadanía poida pasear, mercar e desfrutar dunha xornada diferente no corazón da vila.

O Concello de Verín colabora deste xeito nunha nova iniciativa destinada a apoiar e visibilizar o comercio de proximidade, contribuíndo á dinamización económica e social da vila e fomentando o consumo nos establecementos locais.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.