VI Feira da Cervexa

Fecha
Oct 10 - 11 2026
Hora
Evento todo o día

VI Feira da Cervexa

O evento celebrarase os días 10 e 11 de outubro no Parque da Preguiza. Os distribuidores de cervexa, establecementos de alimentación e restauración e foodtrucks poderán presentar as súas solicitudes ata o 21 de setembro.

O Concello de Verín abre a convocatoria para participar na VI Feira da Cervexa, que terá lugar os días 10 e 11 de outubro de 2026 no recinto do Parque da Preguiza. A iniciativa ofrecerá un espazo de encontro arredor da cervexa e da gastronomía, contribuíndo á dinamización económica e á oferta de ocio da vila durante o outono.

A convocatoria está dirixida a distribuidores nacionais e internacionais de cervexa, así como a establecementos do sector da alimentación e da restauración e foodtrucks con propostas adaptadas á temática da feira. Terán cabida tanto especialidades como salchichas, codillo ou chucrut como elaboracións con produtos da terra, entre elas polvo, empanada, churrasco, hamburguesas e opcións veganas.

O horario de apertura ao público será de 18:00 a 02:00 horas tanto o sábado 10 como o domingo 11 de outubro. Os postos de cervexa situaranse no interior da carpa principal, mentres que os de alimentación disporán de espazos en carpas compartidas anexas. As foodtrucks instalaranse no exterior do recinto, nos lugares asignados pola organización.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.