
Abertas as bases de inscrición para os Maios 2023
12/04/2023
Emilio Rúa presenta o seu novo libro disco “Lendas no Camiño” na Biblioteca de Verín
13/04/2023O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolleu esta maña unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:
- Ratificación da urxencia da convocatoria.
- Aprobación da acta da sesión extraordinaria urxente de data 08/2/2023.
- Expediente 1309/2023. Recoñecemento extraxudicial de créditos.
- Expediente 330/2023. Aprobación da conta xeral do exercicio 2021.
- Expediente fact-2023-836. Levantamento de reparo de legalidade 7/2023.
Tras aprobar con 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 votos en contra do Partido Popular a ratificación da urxencia da convocatoria, o presidente do pleno, Gerardo Seoane, someteu a votación a aprobación da acta da anterior sesión extraordinaria urxente, quedando ratificada por unanimidade.
Por outra banda, aprobouse por 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 en contra do Partido Popular o recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a gastos procedentes do exercicio 2021, no orzamento xeral municipal para o presente exercicio 2023 (prorrogado do 2022), por un importe total de 2.621.586,49 euros; levantándose así o reparo de intervención para todas estas facturas, procedendo o pago das mesmas.
Por último o pleno tamén aprobou -por 12 votos a favor (7 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 4 en contra do Partido Popular – a aprobación da conta xeral do exercicio 2021 e o levantamento de reparo de legalidade referente a compra dun vehículo de segunda man que, cun importe de 36.300 euros, estará destinado ao Servizo de Recollida de Residuos Municipal.



