
A Escola deportiva de verán 2023 «Convive en igualdade» abre o seu prazo de inscrición
23/05/2023
O tecido empresarial e comercial de Verín volve implicarse activamente no desenvolvemento do FIC Vía XIV
11/07/2023- A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín organiza estas actividades para menores de 3 a 15 anos, que se desenvolverán do 22 de xuño ao 8 de setembro
Verín, 22 de maio de 2023.- A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín informa que hoxe ábrese o prazo de inscrición para a Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano 2023, dúas actividades destinadas a menores de 3 a 15 anos que buscan cubrir o tempo vacacional da cativada con propostas lúdicas e educativas.
Estes servizos, deseñados para cubrir o tempo de lecer dos máis pequenos, terán lugar desde o 22 de xuño até o 8 de setembro, de luns a venres, con diferentes horarios adaptados ás idades dos nenos e contando cun equipo cualificado de nove monitores de tempo libre, doce xoves de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.
Ao igual que estes pasados anos hai un amplo abano de horarios e prezos
PREZOS E HORARIOS:
HORARIO DE 9:00 A 14:00 HORAS
| EMPADROADOS | NON EMPADROADOS | |
| SERVIZO COMPLETO | 138 | 168 |
| 1 MES + 1 SEMANA | 72 | 102 |
| QUINCENA | 60 | 90 |
| SEMANA | 30 | 60 |
| DÍAS SOLTOS | 7 | 12 |
| EMPADROADOS | NON EMPADROADOS | |
| SERVIZO COMPLETO | 138 | 168 |
| 1 MES + 1 SEMANA | 72 | 102 |
| QUINCENA | 60 | 90 |
| SEMANA | 30 | 60 |
| DÍAS SOLTOS | 7 | 12 |
HORARIO DE 8:00 A 14:30 HORAS
| EMPADROADOS | NON EMPADROADOS | |
| SERVIZO COMPLETO | 164 | 203 |
| 1 MES + 1 SEMANA | 85 | 115 |
| QUINCENA | 65 | 101 |
| SEMANA | 35 | 65 |
| DÍAS SOLTOS | 9 | 14 |
A Ludoteca de Verán está dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. As actividades programadas inclúen animación á lectura e contacontos, actividades acuáticas, cine infantil, obradoiros medioambientais, reciclaxe creativa, fotografía, música, xogos de auga, entre outros. Tamén haberá festas temáticas como o San Fermín, Festa do Sombreiro, Festa Hippie, Festa Eibisenca, Festa Pirata e Festa Flamenca.
O Campamento Urbano está pensado para nenos e nenas de 11 a 15 anos. Durante este campamento, realizaranse acampadas nocturnas, sendeirismo, xogos olímpicos, obradoiros de pintura, actividades acuáticas, visitas a lugares de interese da zona e moitas outras actividades lúdicas e deportivas.
As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta – Porta 15). Para máis información contactar no teléfono 988-414776.



