
O DHI Pozo do Demo consolídase como referente internacional no descenso en bicicleta de montaña
01/04/2025
Éxito do Concerto Solidario en Verín: 1.130 euros recadados para cinco entidades sociais da comarca
10/04/2025- Baseándonos no cuestionario realizado polo Concello de Verín A valoración global da feira acada unha nota media de sobresainte
- Éxito rotundo da segunda edición do “Pincho no Lázaro” con máis de 4.735 tapas vendidas.

Verín, 9 abril de 2025. A Feira do Lázaro 2025, unha das citas máis emblemáticas do calendario local, pechou esta nova edición cun elevado grao de satisfacción por parte dos expositores, visitantes e organización, segundo se desprende do balance elaborado pola Concellería de Feiras do Concello de Verín a partir das enquisas realizadas durante o evento.
A valoración global da feira acada unha nota media de sobresainte, destacando aspectos como a seguridade (10), stands (9) horarios (8) a limpeza e coidado dos espazos (9), a ubicación (9), vendas (8), actividades durante a feira e promoción e difusión (7), música (7) e a organización xeral (10). O 96% das persoas expositoras confirmaron a súa vontade de repetir na próxima edición, un dato que reflicte o impacto positivo da feira tanto a nivel comercial como organizativo.
«Este resultado é froito dun traballo colectivo no que participan os servizos municipais, os expositores, o tecido comercial da vila e a veciñanza, que cada ano fai súa esta feira tan nosa», sinalou o concelleiro de Feiras, Manuel Lorenzo, quen tamén destacou «o esforzo constante por mellorar, recollendo cada suxestión e crítica construtiva para seguir medrando».

A nivel comercial, os datos tamén foron altamente positivos, especialmente para o sector da automoción, que rexistrou un gran volume de vendas e moito interese por parte do público asistente, tal e como recollen os propios expositores. A puntuación media sobre o nivel de satisfacción das vendas foi de 8 puntos.
No tocante á programación paralela, o concurso gastronómico “Pincha no Lázaro” consolidouse como un dos grandes reclamos da fin de semana. Durante os tres días da feira servíronse un total de 4.735 pinchos. A iniciativa volveu contar cunha excelente resposta por parte da veciñanza e dos locais participantes, reforzando a súa continuidade en futuras edicións.
Tamén a festa gastronómica, organizada en colaboración cos restaurantes da vila, tivo unha excelente acollida, e os locais implicados xa expresaron o seu interese en seguir traballando conxuntamente para que esta actividade siga medrando e se converta nun dos sinais de identidade da feira.
Entre os puntos máis destacados do balance están tamén os concertos das bandas de música, que obtiveron unha valoración de 10 puntos, e os fogos artificiais, tamén puntuados cun dez rotundo. A cidadanía destacou especialmente a súa espectacularidade, chegando a cualificalos como «mellores que os do Apóstolo»,
A Feira do Lázaro 2025 reafírmase así como un espazo de encontro, dinamización económica e identidade local, que segue a medrar ano tras ano grazas á implicación de toda a comunidade.



