
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2026
27/10/2026
- O acto terá lugar hoxe, 28 de outubro, ás 20:00 horas, na Praza do Concello, en resposta á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Verín, 28 de outubro de 2026. O Concello de Verín súmase á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para gardar un minuto de silencio en memoria das vítimas do grave accidente ferroviario ocorrido na provincia de Toledo.
O acto terá lugar hoxe, mércores 28 de outubro, ás 20:00 horas, na Praza do Concello de Verín, coincidindo coa convocatoria promovida pola FEMP para os concellos de toda España.
A través desta iniciativa, o Concello de Verín quere expresar a súa solidariedade coas familias e persoas achegadas das vítimas, trasladándolles as súas máis sinceras condolencias nestes momentos de dor.
Así mesmo, a institución municipal quere recoñecer e agradecer o labor dos servizos de emerxencia e dos equipos que están a traballar na zona do accidente.
O Concello de Verín convida a toda a veciñanza a participar neste minuto de silencio, como mostra de respecto, lembranza e solidariedade coas persoas afectadas por esta traxedia.
Datos da convocatoria
- Data Hoxe, mércores 28 de outubro
- Hora 20:00 horas
- Lugar Praza do Concello de Verín
O Concello de Verín convida á veciñanza a sumarse a este acto de respecto, lembranza e solidariedade.


