Concerto «Nove Aldeias, Un Povo» en Verín!
Este proxecto busca fomentar a unión entre as nove aldeas da veciña rexión lusa a través da música, a cultura e a cohesión comunitaria. Pretende promover a colaboración entre as aldeas, creando un espazo de convivencia e intercambio, ademais de ofrecer unha oportunidade para que os talentos musicais locais se destaquen, poñendo en valor a identidade e as tradicións das súas poboacións a través da presentación de 6 obras orixinais inspiradas nas fraguesías participantes.
O concerto no Auditorio Municipal de Verín será un dos momentos máis destacados, desta iniciativa coa participación da Banda Musical de Loivos, quen xoga un papel fundamental na realización deste proxecto.