A Biblioteca de Verín acolle o contacontos «A maleta da mestra» con Raquel Queizás

Fecha

Oct 03 2025
Finalizdo!

Hora

18:00 - 20:00

A Biblioteca de Verín acolle o contacontos «A maleta da mestra» con Raquel Queizás

O Concello de Verín, a través da Biblioteca Pública Municipal, continúa co seu programa de fomento da lectura e presenta unha nova actividade dirixida ao público infantil. O vindeiro venres, 3 de outubro, ás 18:00 horas, a biblioteca acollerá a proposta de narración oral «A maleta da mestra», a cargo da actriz, monicrequeira, filóloga e recoñecida contadora de historias Raquel Queizás.

A actividade enmárcase no programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e está destinada a nenos e nenas de 3 a 9 anos, que poderán acudir acompañados polos seus avós e avoas.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente a partir das 10:00 horas do luns 29 de setembro.

Sinopse

A protagonista da historia é unha mestra substituta, coñecida como Pisapouquiño, divertida e agarimosa, que esperta a curiosidade dos máis pequenos. A súa maleta agocha un misterioso tesouro de letras: adiviñas, cantigas, contos e lendas que, ao irse descubrindo, transforman a biblioteca nunha auténtica “Horta das nosas letras”.

Con esta proposta, a Biblioteca de Verín reafirma o seu compromiso coa dinamización cultural e a promoción da lectura desde idades temperás, reforzando o vínculo interxeracional a través da participación de nenos, nenas, avós e avoas.

El evento está terminado.

Comments are closed.