Andaina Solidaria de Verín

Fecha
Jun 28 2026
Finalizdo!
Hora
10:00 - 13:00

Coste

8.00€

Andaina Solidaria de Verín

O Concello de Verín e Cruz Vermella, coa colaboración de MultiSport e a Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas, organizan unha nova edición da Andaina Solidaria, unha iniciativa que combina deporte, convivencia e compromiso social e que terá lugar o vindeiro domingo, 28 de xuño, con saída ás 10:00 horas desde a Praza da Mercé.

A actividade consistirá nun percorrido de aproximadamente 8 quilómetros, de baixa dificultade e pensado para que poida participar toda a cidadanía, independentemente da súa idade ou condición física. O obxectivo principal desta xornada é promover hábitos de vida saudables ao tempo que se apoia o labor social que desenvolve Cruz Vermella na comarca.

A inscrición terá un custo de 8 euros e incluirá un boleto para o tradicional Sorteo de Ouro de Cruz Vermella, unha das principais vías de financiamento dos programas sociais que a entidade leva a cabo durante todo o ano. Ademais, as persoas participantes poderán desfrutar dun avituallamento ao remate da andaina.

Os menores de 12 anos poderán participar de maneira gratuíta e recibirán un agasallo conmemorativo da xornada.

Desde o Concello de Verín destacan que esta actividade constitúe unha oportunidade para compartir unha mañá de lecer ao aire libre e, ao mesmo tempo, contribuír a unha causa solidaria. “Trátase dunha iniciativa que une deporte, saúde e compromiso social, valores que forman parte da identidade de Verín e que cada ano contan cunha gran resposta por parte da veciñanza”, sinalan desde a organización.

A actividade está organizada polo Concello de Verín e Cruz Vermella, coa colaboración de MultiSport, entidade encargada tamén da xestión das inscricións e do apoio loxístico da andaina. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación a través do teléfono 600 410 018.

Programación horaria

17/04/2026

20:30h
23:00h

Comments are closed.