CARLOS BLANCO A penúltima
O humorista galego actuará o sábado 17 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín
Verín, 2 de outubro de 2026. O Auditorio Municipal de Verín acollerá o vindeiro sábado 17 de outubro, ás 21:00 horas, o espectáculo «A penúltima», a nova proposta de Carlos Blanco, organizada por MM Promocións coa colaboración do Concello de Verín.
Baixo a premisa de que «o tempo pasa… e hai que aproveitalo», Carlos Blanco regresa aos escenarios cun espectáculo no que combina novas historias e imaxes con algúns dos elementos que caracterizan a súa particular maneira de facer humor.
Durante aproximadamente 70 minutos, o público poderá gozar dun espectáculo construído arredor das historias, a retranca e a capacidade do humorista para converter situacións e experiencias cotiás en comedia.
O propio título, «A penúltima», xoga tamén coa incerteza sobre o que virá despois: unha invitación a aproveitar a ocasión e gozar dunha nova cita en Verín cun dos nomes máis recoñecibles do humor galego.
Entradas xa á venda
As entradas para o espectáculo xa poden adquirirse anticipadamente a través da plataforma Giglón:
Compra de entradas para «A penúltima» en Verín
Data: sábado 17 de outubro
Hora: 21:00 horas
Lugar: Auditorio Municipal de Verín