FIC Vía XIV 2024
IX Edición do FIC Vía XIV
O concurso oficial do FIC, coma sempre, divídese en 3 categorías bendefinidas (Horizontes, A Raia e Nova) que versan arredor de diferentes elementos que definen a idiosincrasia da bisbarra como poden ser os conceptos de Fronteira, Emigración ou Entroido.
Este ano, ademais da selección de cinema galego portugués (na categoría a raia), e dunha coidada escolma das mellores curtas de autor contemporáneos presentes no circuito internacional (categoría nova), na categoría temática Horizontes, poñemos o foco en explorar as fronteiras mentais a través do cine. Neste espazo, veremos películas que abordan temas relacionados cos límites da mente humana, as barreiras psicolóxicas e emocionais que enfrontamos, así como as experiencias que desafían as nosas percepcións e nos levan a explorar novos territorios da conciencia. Contaremos con obras que exploran a complexidade das fronteiras mentais.
Desde películas que profundizan na psique humana ata aquelas que desafían as nocións convencionais da realidade. En definitiva, historias poderosas e visualmente impactantes que nos fagan reflexionar sobre a natureza da mente e o espírito humano.
En cuanto as axctividades paraleas contaremos cun amplo abano de propostas, como:
29 de agosto e 5 de setembro Pincho Cine. Nos restaurantes da vila
Xoves 29 de agosto
22:15 h Caspervek: Música fóra da Pantalla (Praza García Barbón)
Auditorio Municipal de Verín
Venres 30 de agosto
21:45 h Proxección do documental «oriXes: dez anos de nova era»
23:15 h Concerto Kedirán
Sábado 31 de agosto
18:00 h Proxección da curtametraxe «Nena». Dirixida por Xosé A. Touriñán
20:00 h Experiencia Multisensorial: fusión de viños Monterrei, gastronomía e música con Begoña Vázquez e a Denominación de Orixe
20:30 h Podcast en directo. As Bichas. Da revista Luzes.
22:15 h «Aquí Tou!» Un monólogo de Touriñá
23:15 h Concerto Sophie Simonds
Venres 6 de setembro
21:30 h «Vivas», de Rubén Riós
23:15 h Concerto de Diego Castro
Sábado 7 de setembro
21:00 h Gala de Entrega de Premios. Con música en directo.
23:15 h Concerto de Mr. Cool
Zona de bar con ambientación musical
E moitas máis actividades…
Consulta a programación completa na nosa web:
www.ficviaxiv.com