I Gala Premios Comercio Verín

Fecha
Oct 02 2026
Hora
21:00

I Gala Premios Comercio Verín

O comercio de Verín prepárase para celebrar a súa gran noite. O vindeiro 2 de outubro, ás 21:00 horas, o Auditorio de Verín acollerá a Gala dos I Premios ao Comercio de Verín, unha iniciativa promovida por AEVER para recoñecer o traballo dos establecementos da vila e converter, ao mesmo tempo, o comercio local no protagonista dunha noite aberta a toda a veciñanza.

A cita servirá para coñecer os establecementos gañadores das cinco categorías competitivas dos premios, que xa contan cos seus tres finalistas, ademais de facer entrega do Galardón Honorífico – Premio ao Comercio de Toda a Vida.

Pero a noite irá máis alá da propia entrega de galardóns. AEVER prepara unha celebración arredor do comercio local que contará con alfombra vermella, música, pinchos e premios para o público asistente. Entre eles, as persoas que acudan presencialmente recibirán un boleto para participar no sorteo de cruceiros. A actriz Iria Sobrado será a encargada de conducir a Gala, mentres que Mr. Cool porá banda sonora á noite.

A entrada será de balde e as invitacións poden recollerse previamente na sede de AEVER, de 8:00 a 14:00 e de 15:00 a 16:30 horas, e no Auditorio de Verín, de 17:00 a 21:00 horas, ata completar o aforo.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.