O Concello de Verín vén de presentar o programa oficial de actividades para o Lázaro 2024, que terá lugar os días 16 e 17 de marzo. Este ano, o ente municipal cebebra a súa tradicional festa patronal ofrecendo un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. A programación oficial foi presentado esta mañá por Manuel Lorenzo, concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalería e Samanta Barreira, cencelleira de Turismo, Cultura, Festexo e Conservatorio de Concello de Verín.
Como vén sendo habitual nestas celebracións presentamos un concepto de “Lázaro Multicartel” no que a veciños e visitantes poderán desfrutar dunha completa fin de semana con máis dunha vintena de actividades, distribuídas por toda a vila, e pensadas para todos os segmentos de público e todas as idades», salientou Manuel Lorenzo… Ler máis