Obradoiro sobre ciberseguridade para pemes e persoas autónomas

Fecha

May 27 2026

Hora

11:00 - 13:00

Obradoiro sobre ciberseguridade para pemes e persoas autónomas

A actividade celebrarase o vindeiro 27 de maio na Casa da Xuventude e abordará os principais riscos dixitais no ámbito profesional e persoal

O Concello de Verín colabora na organización do obradoiro presencial “Ciberseguridade para pemes e autónom@s: o poder das persoas”, unha iniciativa orientada a mellorar a protección dixital de pequenas empresas, persoas autónomas e cidadanía interesada en reforzar a súa seguridade no entorno tecnolóxico actual.

A actividade desenvolverase o vindeiro 27 de maio, entre as 11:00 e as 13:00 horas, na Casa da Xuventude de Verín, situada na Avenida de Portugal.

O obradoiro permitirá coñecer como actúan os ciberdelincuentes e como protexerse das ameazas dixitais

Durante a sesión abordaranse cuestións como a protección de credenciais e dispositivos móbiles, a detección de correos fraudulentos ou o coñecemento das principais ameazas en liña ás que se enfrontan actualmente empresas e persoas usuarias.

As persoas interesadas poden solicitar xa a súa praza a través da rede CeMIT da Xunta de Galicia. https://cemit.xunta.gal/es/centros/verin

O Concello de Verín continúa así colaborando en iniciativas formativas e divulgativas que favorecen a capacitación dixital da veciñanza e o fortalecemento do tecido económico local.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.