Sábado 10 de maio, ás 17:00 horas na Preguiza, cunha xornada festiva denominada «Trisca da Preguiza», un encontró. de grupos e asociación da comarca — Candaira, Silverias do Támega, As Travesas, As Torgueiras, Os Trouleiros, e diversas Asociacións de Mulleres Rurais — que encherán o espazo de música tradicional, xogos populares, e un obradoiro de baile para todos os públicos. A actividade incluirá tamén servizo de bar.
Pola noite, ás 21:00 horas, o grupo Ailá ofrecerá un concerto no que mesturará a música tradicional galega coas novas sonoridades contemporáneas.