VI Festa da Cervexa

Fecha
Oct 10 - 11 2026
Hora
Evento todo o día

VI Festa da Cervexa

O Concello de Verín organiza a sexta edición da Festa da Cervexa, que reunirá os vindeiros días 10 e 11 de outubro no Parque da Preguiza unha ampla selección de bebidas e propostas gastronómicas. A iniciativa forma parte da programación de outono da vila e ofrecerá un espazo de lecer para a veciñanza e as persoas visitantes.

«Un dos atractivos deste evento é poder probar distintas cervexas e atopar no mesmo recinto unha oferta gastronómica para todos os gustos. Queremos que a xente veña con tempo, quede a compartir a tarde ou a noite cos amigos e goce da gastronomía e do ambiente da Preguiza»

Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras do Concello de Verín

Será un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis dunha vintena de variedades de cervexas nacionais e de importación. Os postos cervexeiros situaranse no interior da carpa principal, mentres que os de alimentación se distribuirán en carpas compartidas anexas a mesma e en catro foodtrucks instaladas no exterior.

A oferta gastronómica, composta por doce postos, incluirá salchichas alemás bockwurst e currywurst, hamburguesas gourmet en pan brioche e de razas autóctonas, cachorros quentes, polbo a feira, churrasco, bocadillos, pizzas e opcións veganas. Tamén se poderán degustar xamón ibérico, chourizo, criollo e lacón asado, así como especialidades portuguesas —pregos, francesinhas e bifanas— e elaboracións mexicanas como tacos, quesadillas, burritos e totopos. O apartado doce completarase con churros, crepes e xeados de Bico de Xeado.

O horario de apertura será de 18:00 a 02:00 horas nas dúas xornadas. A música ambiente acompañará a actividade do recinto, creando unha contorna agradable para compartir a experiencia gastronómica.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.