VI Gala da Igualdade

Fecha

Dic 02 2026

Hora

20:00 - 22:00

VI Gala da Igualdade

O vindeiro martes 2 de decembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá unha nova edición da Gala da Igualdade, un evento que une cultura, compromiso e talento local para poñer en valor os principios de xustiza, igualdade, inclusión e non discriminación. A gala, organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Verín (CMUS), a súa ANPA e o Concello de Verín, estará dedicada a Santa Icía, patroa da música e das persoas músicas.

Esta edición incorpora un programa diverso, no que a música e a creación local terán un papel protagonista. O alumnado do CMUS abrirá a gala coa actuación “O meu primeiro concerto”, unha mostra do talento emerxente das novas xeracións de músicos e músicas da vila.

Un dos momentos centrais da velada será a inauguración da nova aula “Homenaxe a quen loita pola igualdade”, un espazo simbólico que recoñece o traballo continuo de persoas e colectivos comprometidos coa defensa dos dereitos, a inclusión e a igualdade real.

A nivel artístico e musical, o público poderá gozar das actuacións de KUARTETAS, así como do Grupo da Banda de Gaitas Nova Era.

Como é habitual, a gala pechará cun momento de convivencia entre o público e os participantes: unha chocolatada final, pensada para compartir e celebrar en comunidade os valores que inspiran este encontro anual.

A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Dende o Concello de Verín convidamos á veciñanza a sumarse e desfrutar dunha celebración que reivindica, a través da arte, unha sociedade máis xusta e igualitaria.

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Comments are closed.