
Presentación da novela «Alaridos Silenciosos» de Doli Pereira
27/10/2025
Cortes de circulación por rodaxe de serie de Netflix en Verín
05/11/2025Os días 5, 6 e 7 de decembro, o Concello de Verín organiza na Praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.
Horario da Feira do Nadal 2025:
- Venres 5 de decembro: 17:00 – 21:00 h
- Sábado 6 de decembro: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 21:00 h
- Domingo 7 de decembro: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 21:00 h
O evento estará ambientado na temática do Nadal e contará coa participación de artesáns e produtores do sector alimentario, que amosarán os seus produtos e decoracións inspiradas no espírito destas tradicionais festas.
A inscrición, que terá un custo de 45 euros polos 3 días, está aberta para artesáns e profesionais da alimentación, quen deben cumprir cos requisitos estipulados nas bases de inscrición e presentar unha solicitude a través da sede electrónica do Concello de Verín. (https://verin.sedeelectronica.gal) ata o día 14 de novembro de 2025.
O Concello de Verín busca, mediante este evento, apoiar aos pequenos produtores e fomentar o consumo de produtos locais, á vez que ofrece aos asistentes unha experiencia única para gozar do ambiente de Nadal en familia.
Concellería de Feiras: Manuel Lorenzo
Oficina de Desenvolvemento Local (Julia)
988410000
Descarga os documentos:



