Concello de Verín
O Pleno
O Pleno do Concello, integrado polo Alcalde e mailos Concellais, é o órgano supremo do goberno e da administración municipal. O Pleno do Concello ten, entre outras, as seguintes atribucións:
- O control e fiscalización dos órganos de goberno.
- Os acordos sobre a participación en organizacións supramunicipais.
- Alteración do término municipal.
- Aprobación dos plans urbanísticos nos termos previstos pola lei, ordenanzas municipais e fiscais, presupostos e contas municipais, formas de xestión dos servizos.
- Acordar operacións de crédito, nos supostos que prevé la lei; a contratación de obras, servizos e subministros cando a duración exceda dun ano ou esixan créditos superiores aos consignados no presuposto.
- A aprobación do cadro de persoal e a relación de postos de traballo.
- A alteración dla cualificación xurídica dos bens do Municipio.
- A enaxenación do patrimonio, segundo o previsto por lei; a adquisición de bens e dereitos.
- A regulación do aproveitamento dos bens comunais, etc
Precisas máis información?
Desde estes atallos podes acceder a toda a información que necesites...