Concello de Verín
Organigrama
A distribución das áreas de xestión municipal delegadas será a seguinte:
Área de Urbanismo e Facenda
Concelleiro: Gerardo Seoane Fidalgo (PSdG-PSOE)
Comprenderá o planeamento e a xestión urbanística do territorio, a vivenda e a rehabilitación do casco antigo. Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas, edificios en ruínas e estacionamentos.
Na área de facenda corresponde a elaboración e xestión orzamentaria, tributos e tesourería.
Área de Persoal, Réxime Interior e Deportes
Concelleiro: Diego Lourenzo Moura (BNG)
No ámbito de persoal e réxime interior, será o responsable da coordinación do cadro de persoal funcionario e laboral, cadro de persoal do servizo de dependencia (e a súa xestión), negociación laboral, selección de persoal, optimización dos recursos humanos e funcións de organización e xestión do réxime interior.
En Deportes, xestión do deporte municipal e as súas instalacións deportivas.
Área de Cultura, Conservatorio, Festexos e Turismo
Concelleira: Samanta Barreira Vivián (BNG).
Comprenderá os servizos da programación cultural, festiva e de ocio. Xestión do CMUS, Escola de Artes e Oficios, Biblioteca, Auditorio e Centros Culturais. Promoción Cultural.
No ámbito do turismo corresponde o fomento do turismo e a promoción de balnearios e termalismo.
Precisas máis información?
Desde estes atallos podes acceder a toda a información que necesites...