Concello de Verín
Punto Limpo
Máis dun cento de contedores de lixo foron retirados do centro urbano de Verín e dos barrios e pobos, sendo reagrupados nunha ducia de puntos limpos e de reciclaxe.
Malos olores e contaminación visual son así eliminados das rúas e permiten unha mellor xestión ambiental.
A misión destes puntos limpos é a retirada dos contedores de lixo das rúas de Verín, e a concentración dás labores de reciclaxe e baleirado de aceites. Estes puntos están illados visualmente, e contribúen á mellora da paisaxe urbana de Verín.
A súa localización está pensada para favorecer a puntos clave da vila, ben pola concentración de locais de ocio ou pola súa situación céntrica. Ademais, moitos deles contan con murais especiais que aproveitan as súas paredes para a concienciación, o arte ou a interpretación patrimonial.
O Concello de Verín pide responsabilidade no uso destas instalación pensadas tamén para propiciar a reciclaxe. Solicita a participación cidadá para manter os puntos en bo estado. Do mesmo xeito, pide que non sexan usados para outras actividades e que se respecten os horarios establecidos na ordenanza municipal e que especifican que o lixo se deberá tirar a partir das 20.00 horas.
Os puntos limpos son espazos comúns. Trátaos con civismo e lembra:
• Depositar o lixo dentro dos contedores.
• Utilizar cada contedor para a súa selección.
• Non tirar o lixo por riba dos muros do punto limpo.
• Non apilar lixo no chan ou no exterior do punto.
• Non depositar trastos e voluminosos nos puntos limpos: Vanchos buscar á casa.
• Concertar cita para a recollida de voluminosos a domicilio.
• Agardar ós mércores pola tarde para baixar o obxecto e entregalo.
Precisas máis información?
Desde estes atallos podes acceder a toda a información que necesites...