
O Concello de Verín presenta o cartel do Entroido 2027, unha creación de Jorge Godás baixo o lema «Historia, tradición, cultura»
06/11/2026
- A concelleira de Turismo, Cultura e Festexos, Samanta Barreira participou na presentación desta iniciativa, que comezará na vila do 12 ao 15 de novembro e percorrerá catro localidades galegas. A programación combinará actividades escolares, pasarrúas gratuítos e catro espectáculos nunha carpa instalada no aparcadoiro da rúa Travesía.
Verín, 10 de novembro de 2026. A concelleira de Cultura de Verín, Samanta Barreira, participou este martes na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, na presentación de Circo no Camiño, un novo proxecto itinerante impulsado por Troula, Mago Teto, Culturactiva e Educateatro. A iniciativa terá en Verín a súa primeira parada, do 12 ao 15 de novembro, antes de continuar por Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela.
A proposta recupera o espírito dos circos ambulantes desde unha perspectiva contemporánea e aposta polo talento galego, a colaboración entre compañías e o acceso á cultura en localidades vinculadas ás rutas xacobeas. Nesta primeira edición, o percorrido estará ligado á Vía da Prata e combinará circo, maxia, clown, música e humor, tanto nas rúas como baixo unha auténtica carpa.
Na presentación participaron representantes das compañías promotoras e dos concellos participantes, xunto co director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles. O proxecto conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e do Xacobeo 2027, así como coa colaboraciónn dos Concellos participantes.
Durante a súa intervención, Samanta Barreira compartiu o recordo da súa primeira visita ao circo, precisamente en Verín e nunha saída co colexio: «Lembro perfectamente a primeira vez que fun ao circo, tiven a sorte de velo na casa, en Verín. Fomos co colexio, recordo ata o olor e os estímulos que chegaban por todas partes, e aquela experiencia converteuse nun deses recordos que te acompañan sempre».
A concelleira reivindicou a capacidade da cultura para deixar unha pegada duradeira na vida das persoas, con independencia da súa idade ou do lugar no que vivan, e expresou o desexo de que esta nova carpa esperte esa mesma emoción entre a cativada: «Os días 14 e 15 en Verín un novo mundo dentro dunha nova carpa marabillará a nova cativada que agardo que, coma min, quede conectada para sempre coa cultura».
Barreira agradeceu tamén o traballo conxunto das entidades impulsoras e destacou o valor da iniciativa para achegar unha cultura próxima e de calidade, así como para visibilizar as artes escénicas como espazos de entretemento, consciencia e creatividade.
Unha programación para compartir en familia
A actividade comezará o xoves 12 de novembro pola mañá, cunha función escolar do Mago Teto, que presentará Tolemaxias ao público máis novo.
O venres 13, ás 17:30 horas, Troula levará a animación ao centro da vila co pasarrúas gratuíto O Mundo do Circo, unha proposta chea de personaxes e sorpresas que trasladará o ambiente circense ás rúas de Verín.
A programación na carpa, situada no aparcadoiro da rúa Travesía, arrancará o sábado 14, ás 12:00 horas, con Tavole, da compañía Zirko Txosko. Dous personaxes e unha morea de mesas protagonizan unha aventura na que as situacións cotiás se transforman en números de circo, combinando acrobacias, técnicas aéreas e humor nun espectáculo interactivo.
Ese mesmo día, ás 17:30 horas, celebrarase a Gran Gala de Circo no Camiño, conducida polo pallaso Fifo. Frick Company, Sue Moreno, Javi Javichy, Noel, Forzu2 e Jano Sen Medidas reunirán acrobacias, números aéreos, malabares, equilibrios e clown nunha proposta creada especialmente para esta xira.
Ao rematar a gala, o pasarrúas Circo Krasnovarak, de Troula, acompañará o público ata o Magosto de Verín, que se celebrará na Praza Maior de Verín, conectando a programación circense coa celebración desta tradiciónal festa de outono.
O domingo 15, ás 12:00 horas, será a quenda de Uxía Lambona e a Banda Molona, cun concerto pensado para cantar e bailar en familia. Pola tarde, ás 17:30 horas, o Mago Teto pechará a programación na carpa con Galerock’n’Magic, un espectáculo que mestura rock galego, ilusionismo e humor, coa música en directo de Mr. Cool e Fer Risco.
Abonos para os catro espectáculos
Os catro espectáculos da carpa están dirixidos a todos os públicos e recomendados especialmente para nenos e nenas a partir de tres anos. O abono custa 10 euros por persoa e permite acceder ás catro funcións. Pode adquirirse en circonocamiño.gal e ataquilla.com. As actividades de rúa e os pasarrúas son gratuítos.
Tras a súa estrea en Verín, Circo no Camiño continuará en Lalín, do 20 ao 22 de novembro; A Estrada, do 27 ao 29 de novembro; e Santiago de Compostela, do 3 ao 6 de decembro.
A programación en Verín
Do xoves 12 ao domingo 15 de novembro. A carpa está no aparcadoiro da rúa Travesía.
Tolemaxias
Mago Teto · Función escolarO Mundo do Circo
Troula · Pasarrúas polo centro da vila Entrada libreTavole
Zirko Txosko · Acrobacias, técnicas aéreas e humor Na carpaGran Gala de Circo no Camiño
Conducida polo pallaso Fifo, con Frick Company, Sue Moreno, Javi Javichy, Noel, Forzu2 e Jano Sen Medidas Na carpaCirco Krasnovarak
Troula · Pasarrúas ata o Magosto de Verín, na Praza Maior Entrada libreUxía Lambona e a Banda Molona
Concerto para cantar e bailar en familia Na carpaGalerock’n’Magic
Mago Teto, con Mr. Cool e Fer Risco en directo Na carpaEntradas e información práctica
- Abono 10 euros · catro funcións
- A carpa Aparcadoiro da rúa Travesía
- Recomendado A partir de 3 anos
- Venda de abonos circonocamiño.gal
A xira de Circo no Camiño
Verín é a primeira das catro paradas, todas elas ligadas á Vía da Prata.
- Verín Do 12 ao 15 de novembro
- Lalín Do 20 ao 22 de novembro
- A Estrada Do 27 ao 29 de novembro
- Santiago de Compostela Do 3 ao 6 de decembro


