
Un centenar de escolares do CEIP Amaro Refojo participaron nunha xornada de reforestación no Pozo do Demo
20/03/2026
Verín dispara os investimentos ata os 5,23 millóns tras mobilizar máis de 2,27 millóns de financiamento externo
23/03/2026Verín, 23 de marzo de 2026. O Concello de Verín deu a coñecer os establecementos gañadores e as persoas premiadas na edición 2026 do Pincho no Lázaro, unha cita xa consolidada dentro da programación do Entroido do Lázaro e que volveu destacar pola súa alta participación e impacto na hostalaría local.
O certame gastronómico pechouse cun balance moi positivo, acadando un total de 5.009 pinchos consumidos ao longo dos tres días de celebración, unha cifra que confirma o éxito dunha proposta que combina creatividade culinaria, produto de proximidade e dinamización económica.
Os galardóns foron entregados onte domingo no recinto feiral do Lázaro polo concelleiro de Feiras do Concello de Verín, Manuel Lorenzo; a concelleira de Festexos, Samanta Barreira; e a concelleira de Comercio, María Isabel González, nun acto que puxo o broche final á programación desta edición.
Durante a súa intervención, Manuel Lorenzo destacou a implicación da hostalaría local e a excelente resposta do público, sinalando que estes datos permiten consolidar o Pincho no Lázaro como unha cita de referencia, non só a nivel gastronómico, senón tamén como motor de dinamización económica e social para a vila.
No relativo ao concurso gastronómico, o xurado profesional recoñeceu o alto nivel das propostas presentadas. O galardón de campión desta edición recaeu no Restaurante O Ferro, mentres que o premio ao mellor sabor foi para Gandainas. Pola súa banda, A Dorna acadou o recoñecemento á mellor presentación, e o Restaurante Brasil foi distinguido polo xurado co premio á maior dificultade na elaboración.
No marco da programación paralela do Lázaro, tamén se recoñeceu a participación nos espazos expositivos, outorgando o premio ao mellor stand do Lázaro 2026 a Valdabella, destacando pola calidade da súa proposta, presentación e capacidade de atracción de público.
O sorteo entre as persoas participantes no “Pincha no Lázaro 2026” deixou os seguintes premiados:
O primeiro premio, consistente nun vale de 100 euros doado polo Concello de Verín, foi para Pablo Blanco Panelas, tras consumir en O Enredo.
O segundo premio, un xamón doado por Antonio Martín, recaeu en Patricia García Rouco, participante en A Morriña.
O terceiro premio, un estuche de viño doado pola D.O. Monterrei, foi para Esperanza Sánchez, recollido por Miguel Meixeira, tras consumir no Restaurante O Ferro.
O cuarto premio, un termo para alimentos sólidos doado por Tien 21, foi para Paloma Pérez, tras consumir no Restaurante Brasil.
O quinto premio, un estuche de viño doado pola D.O. Monterrei, recaeu en José Manuel Álvarez Calvo, tras o seu consumo en O Encontro.
O sexto premio, un bono regalo para unha escapada termal en Chaves, foi para Elena Domínguez, tras consumir en Gastrobar Aqua.
O sétimo premio, un lote de produtos gourmet, foi para Celina Krantz, tras consumir en Gandainas.
O oitavo premio, unha cesta de artesanía variada galega, foi para Carmen Serrano, tras consumir no Restaurante San Roque.
Ademais, entregouse un premio sorpresa consistente nunha noite para dúas persoas no Retiro do Conde, que recaeu en José Ramón Giménez, tras consumir en Bar Noia.
O volume de participación rexistrado nesta edición pon de manifesto a consolidación do Pincho no Lázaro como unha cita de referencia, contribuíndo á promoción da hostalaría local e ao reforzo da actividade económica e turística de Verín.


















