Concello de Verín
Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno Local intégrase polo Alcalde e un número de Concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno.
Corresponde á Xunta de Goberno Local:
- A asistencia ao Alcalde no exercicio das súas atribucións.
- As atribucións que o Alcalde ou outro órgano municipal deleguelle ou lle atribúan as leis.
DELEGACIÓNS DO ALCALDE NA XUNTA DE GOBERNO:
A Alcaldía por Decreto do 04.7.2007 acordou:
Delegar na Xunta de Goberno Local as seguintes atribucións:
- Aprobación dos padróns de exaccións fiscais, así como a resolución das reclamacións de altas e baixas en materia de tributos e prezos públicos, resolución dos expedientes de devolución de ingresos indebidos por calquera clase de concepto e recoñecemento de bonificacións nos tributos municipais e prezos públicos.
- Resolución dos cambios de titularidade en auga, lixo e sumidoiro.
- Aprobación das facturas de subministracións e obras e das certificacións de obras que se adxudiquen polos procedementos negociado e aberto (subhasta e concurso).
- Aprobación de expedientes de subvencións por adquisición de parcelas, instalación de empresas e creación de emprego no polígono industrial de Pazos.
- Aprobación de expedientes de modificación de créditos, agás os expedientes de incorporación de remanentes de crédito.
ÁMBITO DA DELEGACIÓN: A adopción dos actos administrativos con efectos xurídicos fronte a terceiros que poñan fin aos procedementos que teñan que ver coas atribucións que se delegan, incluída a resolución dos recursos que se interpoñan en vía administrativa.
VIXENCIA DA DELEGACIÓN: Dende a data da presente resolución até a extinción do mandato da actual Corporación ou á da que se revogue por outra posterior.
DELEGACIÓNS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL
acordadas na sesión extraordinaria do Pleno do día 9 de xullo de 2007.
- O exercicio de accións xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materias de competencia plenaria.
- Aprobación de expedientes de subvencións por adquisición de parcelas, instalación de empresas e creación de emprego no polígono industrial de Pazos.
- Aprobación de proxectos de obras e servizos, cando aínda non estean previstos nos orzamentos.
- Establecemento ou modificación dos prezos públicos.
ÁMBITO TEMPORAL DAS DELEGACIÓNS: Dende o día seguinte ao da adopción do acordo polo Pleno, sen prexuízo da súa publicación no BOP, de conformidade co artigo 51.2 do ROF, até a extinción do mandato da actual Corporación ou até que se revogue expresamente polo Pleno.
FACULTADES QUE SE DELEGAN: A adopción de cantos actos administrativos sexan precisos para a tramitación e resolución dos procedementos en relación.
Precisas máis información?
Desde estes atallos podes acceder a toda a información que necesites...