
AEVER lanza a quinta edición da campaña de fidelización “Os 6.000 de Verín”
13/11/2024
Arte, reflexión e música: así será a V Gala da Igualdade no Auditorio Municipal
19/11/2024O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión extraordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:
- Aprobación da acta da sesión anterior
- Expediente 4997/2024: Modificación de Créditos 13/2024
- Expediente 3512/2020: Modificación da concesión do aproveitamento de augas superficiais con destino a abastecemento na CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO DUERO — Ref CHD: MC/C-1608/2019-OR (ALBERCA TTEC PDC) & MC-0077/2024 (INTEGRA-AYE)
- Aprobación da modificación da base 40.4 Subvencións xerais e nominativas 2024
Tras aprobar a acta da anterior sesión, o alcalde en funcións, Diego Lourenzo Moura, someteu a votación a modificación de Créditos 13/2024. Ante a existencia de necesidades financeiras en áreas específicas que non poden ser adiadas ao seguinte exercicio, a modificación aprobouse con 11 votos a favor (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 3 votos en contra do Partido Popular- mediante un suplemento financiado a través de baixas en partidas orzamentarias que non se utilizarán na súa totalidade en 2024.
Por outra banda, o Concello de Verín someteu a votación, quedando aprobada por unanimidade, a modificación da concesión de augas do río Támega para garantir o abastecemento nas localidades de Vilamaior e A Rasela. Esta solicitude responde á necesidade de asegurar o subministro a estas áreas, dadas as limitacións de recursos hídricos documentados nestes núcleos.
Por último, a sesión plenaria ratificou con 11 votos a favor (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) e 3 votos en contra do Partido Popular, a modificación da base 40.4 de subvencións nominativas e xerais para 2024. Estas aportacións municiapis cubren a diversas entidades e asociacións locais, fomentando o desenvolvemento de actividades culturais, deportivas e sociais no municipio.



