
A Revolta Irmandiña presenta “Irmandades Miúdas”: Unha aventura para A Cativada
09/05/2025
O Concello de Verín premia a creatividade literaria estudantil nas Letras Galegas 2025
18/05/2025No marco das actividades programadas pola Rede de Dinamización Lingüística no Ano Castelao, a Casa da Cultura de Verín será escenario dunha proposta teatral dirixida ao público familiar: “Castelao, un corazón á intemperie”, da compañía Fantoches Baj.

A función terá lugar o sábado, 17 de maio, ás 18:00 horas, e está pensada para nenos e nenas a partir dos 6 anos, así como para as súas familias.
A obra está protagonizada por Varela Buxán —dramaturgo e director de escena que dirixiu no seu día a estrea d’Os vellos non deben de namorarse—, quen rende unha homenaxe á figura de Castelao relatando os fitos máis destacados da súa vida e obra.
Ao longo da representación, o público poderá descubrir momentos clave da traxectoria do rianxeiro a través de múltiples recursos escénicos:
- O pai de Migueliño, a través de viñetas ao estilo kamishibai.
- Peito de Lobo, con apoio dun cabezudo.
- Un cadro de Os vellos non deben de namorarse, con monicreques.
- O monólogo de Un ollo de vidro, mediante o teatro de máscaras.
Esta actividade supón o punto de partida dunha serie de propostas culturais coas que a Xunta de Galicia, a través da Rede de Dinamización Lingüística, busca achegar a figura de Castelao ás novas xeracións, fomentando a reflexión e o coñecemento sobre o seu legado literario, artístico e político.
Organiza: Rede de Dinamización Lingüística – Xunta de Galicia
Colabora: Concello de Verín



