
A Eurocidade Chaves-Verín acollerá unha xornada de capacitación empresarial sobre turismo rural o 26 de maio
21/05/2025
Verín amosa a súa repulsa ante o intento de feminicidio rexistrado recentemente na vila
27/05/2025
O Concello de Verín manifesta a súa máis rotunda condena ante o intento de feminicidio ocorrido recentemente na nosa vila, un acto brutal de violencia machista que rexeitamos de maneira contundente.
Queremos trasladar todo o noso apoio, solidariedade e afecto á vítima e á súa contorna. Este feito non só nos conmociona como institución, senón que afecta a toda a sociedade verinesa, que non pode nin debe permanecer en silencio.
A violencia contra as mulleres é unha violación dos dereitos humanos. Non é un problema individual, senón estrutural. Necesitamos respostas firmes e conxuntas desde todos os ámbitos: institucional, social e cidadán.
Por iso, convocamos e animamos a toda a veciñanza a participar no acto de repulsa que terá lugar mañá, martes 27 de maio, ás 12:00 h na Praza do Concello de Verín. Debemos facer visible que Verín está do lado das vítimas e contra todo tipo de violencia machista.
Non estás soa. Estamos contigo.
Non imos calar. Non imos parar.



